CONCURSO PORTADA "REVISTA "LATRICADAS"

                                                         IES MURALLA ROMANA

EDLG

CONCURSO DE PORTADA DA REVISTA ESCOLAR

“LATRICADAS”

 

BASES DO CONCURSO 

 

1. Convocatoria e participantes

O EDLG DO IES MURALLA ROMANA DE LUGO convoca, CONCURSO DE PORTADA DA REVISTA ESCOLAR

“LATRICADAS”

 

 

PARA ALUMNAS E ALUMNOS matriculados no IES MURALLA ROMANA

2. Premios e condicións

PODERANSE OUTORGAR ATA CATRO PREMIOS.

3. Presentación de bosquexos.

Cada alumno/a  poderá presentar un  só TRABALLO (PORTADA DA REVISTA DO CURSO 2020-2021) que deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado co nome, apelidos e curso do autor/a. A entrega dos mesmos efectuarase NA BIBLIOTECA DO CENTRO

Os convocantes resérvanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexos que atenten contra á dignidade persoal, colectiva ou inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de discriminación ou resulten vexatorios.

4. Prazo de presentación

O prazo de presentación será dende o día 26 DE FEBREIRO AO 6 DE ABRIL DE 2021

 

5.Tema.

O tema VERSARÁ SOBRE A VIDA DO INSTITUTO, A ASÚA ACTUALIDADE, A SÚA HISTORIA, O SEU FUTURO….

6. Técnica

A técnica utilizada para a realización do TRABALLO será calquera que o autor/a considere oportuna e que poida ser reproducida en tañaño, A4 A3 ou maior. OS TRABALLOS PRESENTADOS POSERÁN ser expostos no blog LATRICANDONOMURALLA.COM OU OUTROS MEDIOS DIXITAIS).

7. Xurado e fallo do certame

O xurado do CONCURSO estará formado por tres  membros da comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos proxectos premiados.

Os premios do CONCURSO poderán quedar desertos.

O fallo do CONCURSO será inapelable.

A efectos do CONCURSO o xurado valorará: a orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do CONCURSO.

 8. Dereitos de autor

Os convocantes poderán reproducir os TRABALLOS nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc, ou noutros soportes propagandísticoa ou informativos, aparecendo sempre a autoría, se así o permite a lexislación sobre protección de datos vixente.

Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballos presentados.

9. Aceptación das bases.

A participación na presente convocatoria obriga

 a aceptación destas bases. Tanto os

organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será anunciada debidamente.

 10. Entrega de premios

A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro ou no blog do EDLG “LATRICANDONOMURALLA.COM”.


  

Comentarios

Entradas populares de este blog

A LINGUA E NÓS!!!! LINGUA, PAISAXE, MULLERES E HOMES, NATUREZA E CULTURA!!!