ACTIVIDADES E CONVOCATORIAS EDLG

 IES MURALLA ROMANA

EDLG

A CONTINUACIÓN FACEMOS PRESENTACIÓN DE ACTIVIDADES DESEÑADAS POLO EDLG.

ANIMADEVOS E PARTICIPADE, ANIMADE A 

PARTICIPAR.

 



 

TEMPORIZACIÓN

TÍTULO DA ACTIVIDADE

2ª / 3ª AVALIACIÓN

CONCURSO PORTADA REVISTA LATRICADAS

2ª / 3ª AVALIACIÓN

CONCURSO LITERARIO MURALLA ROMANA

3ª AVALIACIÓN

CONCURSO LINGUA DE NAMORAR

2ª AVALIACIÓN

CONCURSO DE REDACCIÓN EN GALEGO COCA COLA

3ª AVALIACIÓN

PARTICIPACIÓN EN CORRELINGUA

A O LONGO DO CURSO

ELABORACIÓN DA REVISTA LATRICADAS

3ª AVALIACIÓN

ASISTENCIA Á PROXECCIÓN DUNHA PELÍCULA EN GALEGO, DA QUE

ADOITAMOS TER INFORMACIÓN AO LONGO

  DO CURSO. MARÍA SOLINHA, DE IGNACIO VILAR      (NO CENTRO)

Temporización

Título da actividade

2ª / 3ª AVALIACIÓN

CERTAME DE GRAFITIS

AO LONGO DO CURSO

CREACIÓN E  MANTEMENTO DO BLOG LATRICANDONOMURALLA

3ª AVALIACIÓN

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS CHARLA SOBRE A PERSOA HOMENAXEADA/CERTAME DE CONTOS/ CERTAME DE ENSAIO….


 

 

DEBIDO A ACTUAL SITUACIÓN PANDÉMICA, ESTAS ACTIVIDADES PODERÁN VARIAR, SER SUPRIMIDAS OU RECONVERTIRSE, DE SELO CASO, A FORMATO ONLINE, SER REALIZADAS DE XEITO VIRTUAL, ETC

 





CONVOCATORIAS PARA IR COMEZANDO...

graffitis
haikus


 IES MURALLA ROMANA

EDLG

CERTAME DE GRAFFITIS

 

BASES DO CERTAME 

 

1. Convocatoria e participantes

O EDLG DO IE MURALLA ROMANA DE LUGO convoca un CERTAME de graffitis,

PARA ALUMNAS E ALUMNOS matriculados no IES MURALLA ROMANA

2. Premios e condicións

PODERANSE OUTORGAR ATA CATRO PREMIOS.

3. Presentación de bosquexos.

Cada alumno/a  poderá presentar un  só Graffiti,  que deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado, NO REVERSO DO TRABALLO, co nome, apelidos e curso do autor/a. A entrega dos mesmos SERÁ NA BIBLIOTECA DO CENTRO.

Os convocantes resérvanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexo que atenten contra á dignidade persoal, colectiva ou inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de discriminación ou resulten vexatorios.

4. Prazo de presentación

O prazo de presentación será dende o día 5 ao 26 de febreiro de 2021.

  

5.Tema.

O tema versará sobre o uso e a promoción da lingua galega no centro educativo e na sociedade.

6. Técnica

A técnica utilizada para a realización do graffiti será calquera que o autor/a considere oportuna e que poida ser reproducida en tañaño, A4 A3 OS TRABALLOS PRESENTADOS POSERÁN ser expostos no blog LATRICANDO NO MURALLA OU OUTROS MEDIOS DIXITAIS).

7. Xurado e fallo do certame

O xurado do Certame estará formado por tres  membros da comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos proxectos premiados.

Os premios do certame poderán quedar desertos.

O fallo do Certame será inapelable.

A efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.

 8. Dereitos de autor

Os convocantes poderán reproducir os graffitis

nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc, ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre a autoría, se así o permite a lexislación sobre protección de datos vixente.

Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballos presentados.

 

9. Aceptación das bases.

A participación na presente convocatoria obriga

 a aceptación destas bases. Tanto os

organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será

anunciada debidamente.

 10. Entrega de premios

A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro ou no blog do EDLG “LATRICANDONOMURALLA”

 



 

                                     IES MURALLA ROMANA

EDLG

CERTAME DE HAIKUS “LINGUA DE NAMORAR”

 

BASES DO CERTAME 

 

1. Convocatoria e participantes

O EDLG DO IE MURALLA ROMANA DE LUGO convoca un CERTAME de HAYKUS (Xénero literario de orixe xaponés, constan de tres versos sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente)

PARA ALUMNAS E ALUMNOS matriculados no IES MURALLA ROMANA

2. Premios e condicións

PODERANSE OUTORGAR ATA CATRO PREMIOS.

3. Presentación de bosquexos.

Cada alumno/a  poderá presentar un  só Graffiti,  que deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado, NO REVERSO DO TRABALLO, co nome, apelidos e curso do autor/a. A entrega dos mesmos SERÁ NA BIBLIOTECA DO CENTRO.

Os convocantes resérvanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexo que atenten contra á dignidade persoal, colectiva ou inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de discriminación ou resulten vexatorios.

4. Prazo de presentación

O prazo de presentación será dende o día 5 ao 26 de febreiro de 2021.

 

5.Tema.

O tema versará sobra o amor, a aamizade, a convivencia

6. Técnica

A presentación do do hayku será escrito en lingua galega, nun folio A4, podendo ser a man, ou en calquera estilo de letra mecanizada estándar.

7. Xurado e fallo do certame

O xurado do Certame estará formado por tres  membros da comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos proxectos premiados.

Os premios do certame poderán quedar desertos.

O fallo do Certame será inapelable.

A efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.

 8. Dereitos de autor

Os convocantes poderán reproducir os haykus

nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc, ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre a autoría, se así o permite a lexislación sobre protección de datos vixente.

Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballos presentados.

 

9. Aceptación das bases.

A participación na presente convocatoria obriga

 a aceptación destas bases. Tanto os

organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será

anunciada debidamente.

 10. Entrega de premios

A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro ou no blog do EDLG “LATRICANDONOMURALLA”













Comentarios

Entradas populares de este blog

A LINGUA E NÓS!!!! LINGUA, PAISAXE, MULLERES E HOMES, NATUREZA E CULTURA!!!