Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

INFORMACIÓN DE INTERESE, LETRAS GALEGAS

  A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de abrir, no Portal da Lingua Galega, un novo espazo dedicado a  Xela Arias , a escritora que será homenaxeada o Día das Letras 2021:  https://www.lingua.gal/letras-galegas/contido_0059/2021-xela-arias . Ademais dunha biografía, atoparedes outros recursos didácticos que vos resultarán moi útiles para divulgar a figura e o legado da autora nas aulas. Tamén vos poden interesar as actuacións que se están desenvolvendo no programa  21 días co galego e + , unha iniciativa promovida pola SXPL, que podedes seguir diariamente na Radio Galega (ás 13.00 h), ou a través do blog:  https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/ .

CONCURSO PORTADA "REVISTA "LATRICADAS"

Imagen
                                                                        IES MURALLA ROMANA EDLG CONCURSO DE PORTADA DA REVISTA ESCOLAR “LATRICADAS”   BASES DO CONCURSO    1. Convocatoria e participantes O EDLG DO IES MURALLA ROMANA DE LUGO convoca, CONCURSO DE PORTADA DA REVISTA ESCOLAR “LATRICADAS”     PARA ALUMNAS E ALUMNOS matriculados no IES MURALLA ROMANA 2. Premios e condicións PODERANSE OUTORGAR ATA CATRO PREMIOS. 3. Presentación de bosquexos. Cada alumno/a  poderá presentar un  só TRABALLO (PORTADA DA REVISTA DO CURSO 2020-2021) que deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado co nome, apelidos e curso do autor/a. A entrega dos mesmos efectuarase NA BIBLIOTECA DO CENTRO Os convocantes resérvanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexos que atenten contra á dignidade persoal, colectiva ou inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de discriminación ou resulten vexatorios. 4. Prazo de presentación O prazo de presentación será de

SEMPRE, ROSALÍA

SEMPRE, ROSALÍA  

VOLVENDO A ROSALÍA RAG

VOLVENDO A ROSALIA

DÁI DE ROSALÍA NO MURALLA

TODAS AS ACTIVIDADES NO BLOG DO CLUB DE LECTURA LECTURAS E ANDANZAS ROSALÍA NO MURALLA E  TAMÉN PODE SER DE INTERESE

"Xeliña fala galego"

  A RAG comparte "Xeliña fala galego" e reivindica a transmisión xeracional do idioma no Día da Lingua Materna "Xeliña fala galego"

UNHA DE SAN VALENTÍN, UNHA DE ROSALÍA

   VAI DE AMOR.... EU EN TI Eu xa te busquei                                                          cando o mundo era unha pedra intaita. Cando as cousas buscaban os seus nomes, eu xa te buscaba. Eu xa te procurei no comezo dos mares e das chairas. Cando Deus procuraba compañía eu xa te procuraba. Eu xa te chamei cando soio a voz do vento soaba. Cando o silenzo chamaba polas verbas, eu xa te chamaba. Eu xa te namorei cando o amor era unha folla branca. Cando a lúa namoraba as outas cumes, eu xa te namoraba. Sempre, dende a neve dos tempos, eu, na túa ialma. Celso Emilio Ferreiro (1991)  O soño sulagado.  Vigo. Edicións Xerais de Galicia. VAI DE ROSALÍA... ¡PRA A HABANA! I Vendéronlle os bois, vendéronlle as vacas, o pote do caldo i a manta da cama. Vendéronlle o carro i as leiras que tiña, deixárono soio, coa roupa vestida. «María, eu son mozo, pedir non me é dado, eu vou polo mundo pra ver de ganalo. Galicia está probe, i á Habana me vou... ¡Adeus, adeus, prendas do meu corazón!» Ro

UNHA DE TEATRO

  UNHA DE TEATRO

ACTIVIDADES E CONVOCATORIAS EDLG

Imagen
  IES MURALLA ROMANA EDLG A CONTINUACIÓN FACEMOS PRESENTACIÓN DE ACTIVIDADES DESEÑADAS POLO EDLG. ANIMADEVOS E PARTICIPADE, ANIMADE A  PARTICIPAR.     TEMPORIZACIÓN TÍTULO DA ACTIVIDADE 2ª / 3ª AVALIACIÓN CONCURSO PORTADA REVISTA LATRICADAS 2ª / 3ª AVALIACIÓN CONCURSO LITERARIO MURALLA ROMANA 3ª AVALIACIÓN CONCURSO LINGUA DE NAMORAR 2ª AVALIACIÓN CONCURSO DE REDACCIÓN EN GALEGO COCA COLA 3ª AVALIACIÓN PARTICIPACIÓN EN CORRELINGUA A O LONGO DO CURSO ELABORACIÓN DA REVISTA LATRICADAS 3ª AVALIACIÓN ASISTENCIA Á PROXECCIÓN DUNHA PELÍCULA EN GALEGO, DA QUE ADOITAMOS TER INFORMACIÓN AO LONGO   DO CURSO. MARÍA SOLINHA , DE IGNACIO VILAR      (NO CENTRO) Temporización Título da actividade 2ª / 3ª AVALIACIÓN CERTAME DE GRAFITIS AO LONGO DO CURSO