Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

COMPARTIMOS INFORMACIÓN FACILITADA POR correlingua.com

  COMPARTIMOS INFORMACIÓN FACILITADA POR correlingua.com     Desde aquí poderás seguir o Correlingua 2020 en Zas e Rianxo  Pr eme nas seguintes ligazóns para asistir ás actividades: ZAS | 30 de novembro 2020 13:30h CPI de Zas Monoulius Dop Transmisión:   https://youtu.be/q5V9IDCRLDU RIANXO | 2 de decembro 2020 10:00h CEIP Ana Mª Diéguez Biribirlocke Transmisión:  https://youtu.be/m50030ry76M  

A Fundación Granell celebra as Letras de Carvalho Calero cun maratón de lectura

 Fundación Granell celebra as Letras de Carvalho Calero cun maratón de lectura O tradicional maratón de lectura do Día das Letras Galegas que a Fundación Granell organiza no mes de maio tivo que adiarse por mor da situación sanitaria e está a ter lugar na semana en que se celebra o aniversario do pintor surrealista, nado en 1912 –só dous anos despois que Ricardo Carvalho Calero– e que pasou a súa infancia e mocidade en Santiago de Compostela. O artista e o filólogo e escritor ferrolán ao que este ano a RAG lle dedica as Letras Galegas coñecéronse naqueles anos de xuventude, como lembra o propio Eugenio Granell nas súas  Memorias de Compostela . "De Carballo Calero no recuerdo el nombre, pero no se me borró el prestigio de su estampa. Me asombraba su dominio de un horizonte cultural que me imaginaba inabarcable", expresa nesta obra, cuxo mecanoscrito se exhibe na sala en que está a ter lugar o maratón. Fonte: academia.gal

Xavier Senín, "Premio Nacional á Obra dun Tradutor 2020"

  Xavier Senín, "Premio Nacional á Obra dun Tradutor 2020" A traxectoria de Xavier Senín vertendo ao galego obras literarias de distintos xéneros e para todos os públicos mereceu o "Premio Nacional á Obra dun Tradutor 2020", concedido polo Ministerio de Cultura. O xurado, acordou outorgarlle o galardón ao académico correspondente en recoñecemento a un labor que destaca "pola súa calidade e meticulosidade". Na súa xustificación salienta tamén o coñecemento "pouco común" das variedades diatópicas, diastráticas e diafásicas do galego do filólogo, que trouxo á nosa lingua dende clásicos como   O Quixote  ata os populares álbums de banda deseñada de Astérix. Como tradutor, Xavier Senín ocupa un espazo de relevancia tanto pola cantidade como pola calidade das súas achegas. Foi membro do equipo de tradución d' O Quixote   publicada por Xuntanza Editorial en 1990 e verteu tamén ao galego moitos títulos dirixidos ao público máis novo, sempre no

COÑECÉNDONOS

Imagen
COÑECÉNDONOS      Por inicativa da Vicedirección e o Equipo de Dinamizaciónn da Lingua Galega do IES MURALLA ROMANA DE LUGO, levouse   acabo a acatividade “CONECÉNDONOS ” CONSISTENTE NA ELABORACIÓN DE CHAPAS IDENTIFICATIVAS nas que unha simple   foto tamaño caré fai posible saber quen somos sen máscaras!!! PARA MOSTRA!!!    

BIBLIOTECA DE EMILIA PARDO BAZÁN

  A Real Academia Galega formalizou a semana pasada ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia a solicitude para que a da biblioteca de Emilia Pardo Bazán sexa declarada como ben de interese cultural (BIC), xa que considera que só deste xeito pode garantirse a súa axeitada protección. A petición presentouse unha vez realizado o traballo de revisión e catalogación dos libros da escritora coruñesa que aínda fican nas Torres de Meirás, un labor que foi posible grazas ás xestións iniciadas a finais de 2015 pola RAG, que custodia preto de 8000 títulos da autora. A protección deste patrimonio singular foi un dos temas abordados na xuntanza que mantiveron hoxe en San Caetano o presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, e o titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen manifestou o apoio do Goberno autonómico a esta petición e confirmou que esta será aprobada en breve. FONTE. academia.gal

ASTRONOMÍA E LINGUA GALEGA

  A Real Academia Galega aproba os nomes normalizados das constelacións A Real Academia Galega dá un paso máis na mellora do vocabulario técnico da astronomía coa aprobación dunha proposta normalizada e oficial dos nomes das oitenta e oito constelacións recoñecidas pola Unión Astronómica Internacional. A listaxe,  dispoñible nesta ligazón , é froito da colaboración entre o Seminario de Terminoloxía e o equipo composto por Salvador Bará, profesor da área de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela; Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío; e o físico Dosi Veiga, impulsor de Ceos Galegos. O presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, o coordinador do Seminario de Terminoloxía, o académico Manuel González; e o director de Cultura do Concello da Coruña, Rómulo Sanjurjo, presentaron hoxe o resultado deste traballo na Casa das Ciencias nun acto que concluíu ollando a recreación do ceo do planetario con Martin Pawley como guía. Fonte: academia.gal

NOVAS PROPOSTAS

  Trasladamos información de interese proporcionada pola Coordinadora Territorial dos EDLG da Provincia de Lugo Logo do aprazamento do pasado mes de abril, o Consello da Cultura Galega (CCG), co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), retoma, do 13 ao 19 de novembro, a XXII edición dos  Encontros para a normalización lingüística , centrados, nesta ocasión, na integración lingüística dos colectivos non galegofalantes de orixe. A s gravacións dos relatorios estarán á vosa disposición desde este venres  no web do CCG  http://consello dacultura.gal/  e na súa c anle de  You Tube  e, a partir do próximo luns, podedes asistir de xeito virtual aos debates correspondentes. Non é preciso que vos inscribades, pero, se queredes participar nos coloquios, debedes facelo a través de participa@consellodacultura.gal.  Tedes o programa e toda a información en:  https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0297/xxii-encontros-para-normalizaci

GALA DO LIBRO GALEGO

  A gala do libro galego 2020 celebra a súa quinta  edición.  Conducida por Quico Cadaval, podera se seguir o  vindeiro sábado 21 de novembro, ás 12:00  horas, na canle de Youtube da propia Gala do Libro para máis información, lingua.gal

VÍA RÁPIDA AO GALEGO

  Xunta e Renfe Viajeros homenaxean a Carvalho Calero nos trens de alta velocidade e nas estacións de sete localidades galegas O titular de Política Lingüística destacou que a colaboración con Renfe Viajeros no marco da programación institucional das Letras Galegas renóvase por terceira vez “para facer extensivo o tributo a Carvalho Calero e visibilizar e dinamizar a lingua galega tanto desde o sector da importante rede de transportes como das persoas usuarias. LIGAZÓN

CONVOCATORIAS DE INTERESE

  TRASLADAMOS, ESPERANDO SEXA DO VOSO INTERESE,   INFORMACIÓN DE RELAVANCIA PARA A DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA FACILITADA POLA Coordinadora territorial dos EDLG da provincia de Lugo Xefatura Territorial da CCEOU O vindeiro 16 de novembro, a Institución Galega da Ciencia (Igaciencia), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), ofrécevos a posibilidade de asistir ao webinario  Só a ciencia nos rescatará da pandemia,  que impartirá a galega Sonia Villapol Salgado. O evento retransmitirase en directo das 12.45 ás 14.00 h desde o Centro Médico de Texas (Houston) onde esta científica desenvolve as súas investigacións. A conferencia está destinada fundamentalmente a alumnado de 4º de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de FP relacionados co ámbito da sanidade. Se vos queredes sumar á proposta, deberedes inscribirvos e seguir as indicacións que aparecen en:  http://www.igaciencia.eu/gl/node/350 .