BENVIDAS E BENVIDOS!!! Este Blog quere ser só un instrumento de comunicación e interacción para toda a comunidade educativa. Ten como obxecto DINAMIZAR A LINGUA GALEGA!!! Potenciar o emprego do galego nos distintos eidos da vida escolar, e poñer en valor este tesouro histórico-cultural que é a nosa lingua.
INVITACIÓN DA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO TRANSMITIMOS!!! " Bo día, dende Vicepresidencia - Área de Cultura da Deputación de Lugo, queremos convidalas/os á exposición exterior “Xela Arias. A Poesía do retrato” que estará ubicada na Praza de San Marcos dende o 21 de maio ao 21 de xuño de 2021. Hoxe, venres 21-05-2021 ás 19:30 h realizarase o acto de inauguración da exposición diante da Deputación, e contaremos cunha actuación dun grupo da Tradescola de música. As/os asistentes agasallarémolos cun catálogo da exposición. Xela Arias é a quinta muller homenaxeada nos máis de 50 anos de celebración das Letras Galegas. Muller creadora cuxa voz singular contribuíu a renovar a poesía galega dos anos 80 en temas, estilo e forma. Unha voz profunda, reflexiva e transgresora que a través da palabra procura novos espazos para afirmar a perspectiva feminista ou para denunciar a orde social opresora. Xela Arias representa unha muller an...
Trasladamos información de interese proporcionada pola Coordinadora Territorial dos EDLG da Provincia de Lugo Logo do aprazamento do pasado mes de abril, o Consello da Cultura Galega (CCG), co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), retoma, do 13 ao 19 de novembro, a XXII edición dos Encontros para a normalización lingüística , centrados, nesta ocasión, na integración lingüística dos colectivos non galegofalantes de orixe. A s gravacións dos relatorios estarán á vosa disposición desde este venres no web do CCG http://consello dacultura.gal/ e na súa c anle de You Tube e, a partir do próximo luns, podedes asistir de xeito virtual aos debates correspondentes. Non é preciso que vos inscribades, pero, se queredes participar nos coloquios, debedes facelo a través de participa@consellodacultura.gal. Tedes o programa e toda a información en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/c...
Comentarios
Publicar un comentario